Publicador de contidos
Publicador de contidos

O río Miño xa se pode cruzar a pé en Portomarín por causa da seca

O río Miño xa se pode cruzar a pé en Portomarín por causa da seca

A falta de auga deixa ver construcións que levaban décadas mergulladas

O leito case baleiro atrae numerosos visitantes

 

G24.gal 10/08/2022 19:49 Última actualización 10/08/2022 20:30

Os caneiros para capturar anguías ou a base da antiga ponte están plenamente visibles no río Miño á altura de Portomarín.

As chuvias deste mércores supoñen unha ínfima parte da auga que precisa o río para volver a unha certa normalidade.

Unha estampa que causa impresión e tristeza a cantas persoas se achegan á beira do leito.

Esta situación ten un aspecto relativamente positivo, especialmente para os máis vellos do lugar.

E é que se poden contemplar as ruínas do que foi a vila de Portomarín antes de quedar baixo as augas da cola do encoro de Belesar.

Non é a primeira vez que sucede pero nunca se lembra o río tan baixo.

Malia poderse cruzar a pé, segue habendo correntes, pozas e zonas de area que fan desaconsellable o vadeo nesta contorna de Portomarín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade