Publicador de contidos
Publicador de contidos

O salón de educación e formación, Edugal, abre as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra

O salón de educación e formación, Edugal, abre as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra

O obxectivo é axudarlles aos mozos a tomar decisións para o seu futuro formativo e laboral  

G24.gal 04/10/2023 15:13 Última actualización 04/10/2023 15:42

Novos nichos de mercado, tendencias e novos estudos. Edugal volve converterse en todo un escaparate da oferta educativa en Galicia. Preténdese despexar as dúbidas dos mozos en canto ao seu futuro formativo.

Conta con diversas conferencias e mesas redondas e todo tipo de obradoiros para axudar os visitantes a enfocar a súa carreira laboral. A intelixencia artificial e o posto da Policía Nacional, novidade este ano, xeraron expectación. 

Ata o venres está previsto que pasen por esta décimo segunda edición de Edugal máis de 10.000 persoas.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade