O Samaín enche de xente as rúas de Allariz
O Samaín enche de xente as rúas de Allariz
Celebran a sexta edición de Allariz de Medo
A chuvia, disuasoria para algúns, contribuíu a lle dar ambiente a un Allariz de Medo que atrae ata meigas do Porriño: "A mirar Allariz, que nos gusta moito o ambiente, a decoración..."
A ambientación vai por zonas. Na praza do concello recrearon unha mítica sala de festas dos 80, co seu aparcadoiro de motos, un DJ incombustible e os clientes, movendo o esqueleto ao son da música da época. "Fixeron unha réplica da antiga discoteca, e paréceme unha idea xenial, a verdade", comenta unha veciña da vila.
Tamén o pasan ben os máis cativos, alleos ao que significa o medo. "Pero hai algunhas fotos que dan medo. Coma esa que sae unha cara e, se te moves, sae un monstro", explica unha nena.
É a sexta edición deste Samaín que pretende promover a tradición local fronte ao fenómeno do Halloween.
María López, concelleira de Promoción Económica de Allariz: "Amable, sen sangue, sen elementos zombis, importados, só co noso".
O día grande será o luns, coa visita da Santa Compaña.