O sector da distribución anticipa unha caída do consumo ante a alza dos prezos
O sector da distribución anticipa unha caída do consumo ante a alza dos prezos
Barallan medidas como aumentar as promocións para incentivar as vendas
A inflación non dá tregua. Os prezos non tocan teito e encarecen mes tras mes, especialmente a cesta da compra.
"Vas un día á compra e ao seguinte xa está ao dobre".
A alimentación é o principal motivo de compra para case un 60 % dos consumidores. Pero o custo da vida está mudando os hábitos de consumo. E é que hai produtos que son auténticos artigos de luxo para moitos petos.
"O prezo do aceite está imposible. Antes había marcas mías baratas, pero agora todo está caro".
Ante esta situación, o sector da distribución bota contas. Anticipa unha caída das vendas para os próximos meses e adianta medidas para facerlle fronte. Entre elas, facer máis promocións para reverter a tendencia.
Aínda que a alimentación é o gasto máis importante das familias, tamén se agarda un retroceso na facturación do sector servizos, que xa se está notando este verán. Segundo os datos do INE, as vendas caeron preto dun 1%, despois de dous anos á alza.