Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da hostalaría agarda este ano beneficios superiores aos de antes da pandemia

O sector da hostalaría agarda este ano beneficios superiores aos de antes da pandemia

Seguen a demandar man de obra cualificada e incentivos fiscais

G24.gal 19/06/2023 14:51

Demandan man de obra cualificada e desde o sector recoñecen que lles está custando. Para facer fronte ás boas perspectivas do sector, que apuntan a cifras récord, precisan contratar máis persoal.

O ano pasado marcou a recuperación do sector cun incremento da facturación dun 32 por cento respecto ao ano 2021. As previsións para 2023 son aínda mellores e agardan un aumento dos beneficios superiores a antes da pandemia. 

Consumiremos máis nos bares, cafeterías e restaurantes, pero tamén pagaremos máis. Os xeados son un 20 por cento máis caros que o verán do ano pasado e os refrescos custan case un quince por cento máis, tamén pagamos máis pola cervexa que subiu un 16,8 por cento. 

Con todo, a restauración pide un alivio fiscal para incentivar a súa actividade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade