Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da imaxe persoal maniféstanse en Lugo para reclamar unha urxente baixada do IVE

O sector da imaxe persoal maniféstanse en Lugo para reclamar unha urxente baixada do IVE

En Galicia pecharon preto da metade dos negocios e outros reduciron persoal, segundo datos do sector

Din que o Goberno veta a baixada do IVE malia que fora apoiada no Congreso e no Senado

O sector saíu á rúa en Lugo para esixir un IVE reducido para salóns de estética e de peiteado
G24.gal 08/05/2023 14:28 Última actualización 08/05/2023 14:46

O sector da imaxe persoal di non poder máis e así o puxeron de manifesto este luns cunha nova manifestación en Lugo. O Goberno subíralles o IVE ao 21 por cento, co compromiso, din, de que ía ser temporal. Porén, din, todo segue igual. Pecharon un 30 % dos negocios de peiteado e estética e en Galicia quedan so uns 5.000.

Moitos deles tiveron ademais que despedir persoal. A súa demanda é clara: que o Goberno central elabore un decreto lei que restableza o tipo reducido. Porque soben os autónomos, a luz ou os alugueiros pero eles non poden cobrarlle máis ao cliente.

Tanto que algúns mesmo optaron pola economía somerxida e traballan de xeito irregular. O sector leva xa 400 manifestacións de protesta. En Galicia a próxima terá lugar o vindeiro día 22 en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade