Cargando resultados...
O sector da lousa galego aumenta as vendas polos problemas en Oriente Medio
O sector da lousa galego aumenta as vendas polos problemas en Oriente Medio
O conflito no Canal de Suez fai aumentar as nosas exportacións
G24.gal
20/04/2024 15:30
O sector da lousa galego comezou o ano cun aumento nas vendas dun 8 %. O principal motivo é o atranco ao paso das mercadorías dos seus competidores polo Canal de Suez debido aos conflitos no Oriente Medio.
Pero, máis alá desta situación puntual, as louseiras galegas amosan unha fortaleza que se reflicte nas altas cifras de exportación e facturación.
Coñecemos en profundidade este sector a cabalo entre a minería e a construción.