Preacordo para poñer fin ao conflito da lousa en Valdeorras

A disputa é entre a empresa Irosa-Samaca e a comunidade de montes de Carballeda

G24.gal 14/11/2023 20:36

O grupo louseiro Irosa-Samaca chegou a un preacordo coa comunidade de montes de Carballeda de Valdeorras coa que mantiña un conflito sobre a propiedade dos terreos.

O acordo permitirá paralizar a orde de desafiuzamento que pesaba sobre a empresa e manter os case 300 postos de traballo que dependen dela.

Os comuneiros levaban anos reclamando o pago de compensacións pola explotación dos terreos. Con este acordo,  Irosa-Samaca poderá seguir sacando lousa de Valdeorras polo menos durante os vindeiros 11 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade