Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector pídelle á Unión Europea medidas contra a pesca ilegal

O sector pídelle á Unión Europea medidas contra a pesca ilegal

Denuncian os prexuízos que lles causa a competencia desleal de países que non cumpren cos estritos controis en Europa

G24.gal 21/06/2024 14:43

A pesca é un sector esencial na economía española. No caso de Galicia, hai zonas como Ribera ou A Mariña onde supón o 25 % do PIB.

"Para nós é importante defender a actividade regulada que facemos", defende Sergio López, xerente da Organización de Produtores de Burela.

O sector alerta dos prexuízos que lles causa a pesca ilegal, que afecta tanto á actividade pesqueira coma a toda a cadea de valor de produtos do mar que chegan ao consumidor.

"No mercado hai produtos sometidos a estritos controis con outros que non teñen esas esixencias e acaban entrando pola porta de atrás na Unión Europea", asegura o xerente da Organización de Produtores de Burela.

Reclaman un maior control por parte da Unión Europea. Din que é necesario un cambio de rumbo na Política Pesqueira Común.

"Que lexislen de xeito que non nos compliquen a vida. Que non haxa tanta burocracia, que simplifiquen a normativa", reclama Javier Garat, presidente de Pesca España.

O compromiso da Unión Europea é nomear un comisario específico para a pesca que atenda as demandas do sector primario, esencial para asegurar a soberanía alimentaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade