Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector do metal en Galicia precisa man de obra cualificada

O sector do metal en Galicia precisa man de obra cualificada

O informe anuel de ASIME revela que o sector perde un 30 % da súa facturación por falta de persoal.

Pídenlles ás Administracións públicas flexibilidade para poder contratar xente de fóra da Unión Europea. Tamén traballan nun plan de formación e promoción para facer atractiva esta industria aos mozos.

Só este ano precisan incorporar uns 1.500 traballadores e traballadoras a todas as áreas, dos que 800 quedarían en Vigo e a súa comarca.

G24.gal 30/04/2023 14:10 Última actualización 30/04/2023 14:23

Están ao cen por cento da súa capacidade de traballo, pero o sector do metal atópase cun grave problema, a falta de man de obra cualificada. E isto xa lles está pasando factura.

Hoxe estamos falando dun crecemento dun 15 % en 2022, case un crecemento histórico, pero como ben comentamos hai unha carencia de persoal cualificado enorme. Estamos a falar de que podemos perder un 30 % de facturación por non ter ese persoal.

Son as verbas do secretario xeral de ASIME que engade máis datos obtidos neste informa anual. Só este ano precisan incorporar uns 1.500 traballadores ou traballadoras ao sector, dos que 800 quedarían en Vigo e a súa comarca. Queren atraer a mocidade pero se non chegan a estas cifras apostan pola contratación fóra de Europa. 

Non vai ser un bo futuro se non captamos eses profesionais, profesionais que queremos captar doutros países, incluso de fóra da Unión Europea.

Achacan esta falta de persoal á escasa promoción dun sector, que aglutina  57.000 traballadores, unha cifra que está moi lonxe dos 63.000 que tiñan hai sete anos.

As empresas do sector do metal galego teñen uns ambientes de traballo con moita seguridade industrial, temos as retribucións salariais máis altas de calquera sector en Galicia. Son convenios colectivos públicos que calquera pode ollar e comprobar.

O crecemento desta industria virá determinado pola existencia desa man de obra. Un obxectivo que ASIME agarda acadar non só este ano, tamén os vindeiros dado que as novas fontes de enerxía prometen ser vectores de crecemento moi importantes para Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade