Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector forestal galego supón 25.000 empregos e o 1,6 % do PIB autonómico

O sector forestal galego supón 25.000 empregos e o 1,6 % do PIB autonómico

A Xunta empregará estruturas de madeira no 20 % dos seus edificios públicos

En Galicia córtanse cada ano 11 millóns de metros cúbicos

G24.gal 02/04/2024 19:18 Última actualización 02/04/2024 20:08

En Galicia córtanse anualmente 11 millóns de metros cúbicos de madeira, é dicir, máis da metade do total de España. Non en van, os montes galegos son a novena rexión produtora da Unión Europea. Un sector que supón o 1,6 % do PIB galego e que está a experimentar grandes cambios coa chegada de novas tecnoloxías que simplifican o traballo e coa aposta por novos produtos creados nas industrias.

O sector forestal galego da emprego directo a 25.000 persoas e o ano pasado facturou preto de 2.700 millóns de euros. Pero o crecemento das empresas vese freado pola falta de man de obra malia seren empregos ben remunerados e cunhas condicións cada vez mellores. Se cadra, o problema é a falta de coñecemento do sector xa que a oferta formativa e a demanda de man de obra son constantes. 

A Xunta de Galicia xa se comprometeu a que como mínimo o 20 % dos seus edificios públicos se fagan con estrutura de madeira, o que suporá un novo pulo para a innovación no sector. Tamén se van conceder axudas a empresas e particulares para o uso destas estruturas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade