Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector lácteo maniféstase diante do Ministerio de Agricultura pola difícil situación que están a pasar

O sector lácteo maniféstase diante do Ministerio de Agricultura pola difícil situación que están a pasar

Din que a sua situación é moi delicada

Pídenlle ao Goberno que interveña e que se cumpra a lei da cadea alimentaria

O sector lácteo pídelle ao Goberno que inteveña para acabar cos abusos da industria e a distribución
G24.gal 27/01/2022 14:30

O sector lácteo manifestouse esta maña en Madrid para denunciar o que consideran complicidade do Ministerio de Agricultura ante a difícil situación que están a pasar.

Fixérono diante do propio Ministerio. Aseguran que levan case un ano con continuas protestas e que están a ser ignorados por parte do ministro, Luís Planas.

A situación, din, é cada día máis delicada e agora mesmo os custos da produción están por riba do que perciben polo litro de leite.

Reclámanlle tamén contundencia ao  ministerio. Debe intervir para que se cumpra a lei e acaben, como aseguran, co abuso sobre o sector por parte da industria e a distribución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade