Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector primario pide en Madrid unha solución á situación crítica que atravesa

O sector primario pide en Madrid unha solución á situación crítica que atravesa

Unión de Uniones di que o paquete de medidas anunciadas polo Goberno non abondan

G24.gal 21/02/2024 14:50

O sector primario ve nesta mobilización de Madrid un claro sinal de que o agro non pode máis.

"Desbordáronnos as previsións. Se os agricultores estiveran contentos non virían. Algo está pasando para traer o volume que trouxemos hoxe", asegura Luís Cortés, coordinador de Unión de Uniones.

Reclaman o cumprimento da Lei de cadea alimentaria que garanta un prezo xusto para o produtor. Tamén unha política agraria común que axude a ser competitivos en lugar de poñer trabas. E piden protección para o sector fronte á competencia desleal de terceiros países.

"Aquí o problema que temos é de rendibilidade. Se xuntamos este número de agricultores é por esa mensaxe", di Luís Cortés, coordinador de Unión de Uniones.

Desde as asociacións piden unha nova xuntanza co Goberno porque cren que o paquete de medidas comprometido non abonda.

"Se iso é o que o ministro propón non pode seguir sendo nin un  minuto máis".

A protesta de Madrid foi a máis numerosa, pero tamén houbo mobilizacións en Málaga e Murcia.

"Estamos facendo que os agricultores pasen o día nas oficinas en lugar do agro. A axenda verde debe acompasarse á realidade do agro".

Agricultores e gandeiros teñen a vista posta na reunión do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea que se celebrará o próximo luns en Bruxelas que coincidirá cunha nova convocatoria de protestas en Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade