O segredo da lonxevidade está na comarca ourensá de Terra de Celanova
O segredo da lonxevidade está na comarca ourensá de Terra de Celanova
A provincia de Ourense é xunto coa de Zamora unha das zonas máis avellentadas e tamén máis despoboadas de Europa e xa conta con 238 persoas con 100 ou máis anos
A comarca ourensá de Terra de Celanova xa superou en lonxevidade a illa xaponesa de Okinawa
Cada vez hai máis persoas con 100 anos ou máis. En Galicia, segundo o Intituto Galego de Estatística, os centenarios ascenderon ata 1.823. 238 deles viven na provincia de Ourense. Alí, no avellentado rural ourensán, as persoas centenarias xa superan os xaponeses da illa de Okinawa.
Nesta comarca ourensá de Terra de Celanova, semella que gardan o segredo da lonxevidade. E é que cunha poboación de pouco máis de 15.000 habitantes, segundo o Instituto Galego de Estatística, teñen 43 centenarios, o que supón que triplica a taxa de centenarios que ten a illa xaponesa de Okinawa, considerada o lugar con máis poboación centenaria do mundo, con 76 persoas de 100 anos por cada 100.00 habitantes e aquí a taxa é agora de 252.
A longa vida dos ourensáns aínda está por estudar pero os expertos xerontólogos apuntan á tranquilidade, á vida activa e en harmonía coa súa contorna. E tampouco teñen estrés.
Un xeito de vida que semella en extinción, con 80 e 90 anos seguen cultivando a súa horta e gozando dos anos que aínda lles quedan por vivir.