Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas ofrece facilidades ás persoas maiores para vacinarse nos grandes recintos

O Sergas ofrece facilidades ás persoas maiores para vacinarse nos grandes recintos

Hai cadeiras de rodas e voluntariado de protección civil que axudan se é necesario

As persoas citadas con problemas de mobilidade poden vacinarse sen baixar do coche

G24.gal 09/10/2022 14:37 Última actualización 09/10/2022 17:39

Desde o Sergas salientan que se lles está a ofrecer ás persoas maiores de 80 anos todas as facilidades para a vacinación nos grandes recintos habilitados en Galicia.

Hai cadeiras de rodas, voluntariado de protección civil que axuda se é necesario, e mesmo se poden vacinar sen baixar do coche se teñen problemas de mobilidade.

Os acompañantes só teñen que avisar no aparcadoiro o persoal de seguridade ou de protección civil... e todo cun obxectivo.

"Facemos un chamamento ás persoas citadas para que veñan ata aquí se poden. Así axilízase moito máis o proceso, chegamos a un maior número de xente en menos tempo, e os tempos de espera son os mínimos posibles", incide María Xosé Parrado Alonso, coordinadora de enfermería na Cidade da Cultura.

Moitas das persoas vacinadas e acompañantes valoraban positivamente a organización, a pesar do esforzo de ter que vir desde as súas vilas.

"Chegamos co coche e xa había unha cadeira de rodas alí e subímola, e moi ben, houbo que esperar un pouco pero é normal", dicía unha acompañante.

Entre outras das facilidades está a flexibilidade na hora e no día da vacinación.

"Se son matrimonio, se son coniventes, se son veciños, poden vir xuntos no mesmo día aínda que estiveran citados para días ou horas distintas, vanse vacinar igual, evidentemente", aseguraba a enfermeira María Xosé Parrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade