O sistema de pagos dixitais xa está operativo despois de sufrir unha caída de dúas horas
O sistema de pagos dixitais xa está operativo despois de sufrir unha caída de dúas horas
Durante horas non funcionaron as tarxetas VISA e Mastercard para pagos en comercios nin nos caixeiros
Víronse afectadas varias entidades bancarias, entre elas Caixa Bank e o BBVA
Durante unha hora os sistemas de pago bancarios da plataforma Redsys víronse interrompidos por unha incidencia no seu sistema informático, o que dificultou as compras de moitos usuarios en boa parte de España.
Durante horas non funcionaron as tarxetas VISA e Mastercard e tampouco estivo operativo o sistema de pago Bizum nin practicamente ningún outro dixital. A caída do sistema comezou arredor da unha da tarde e afectoulles a caxeiros, datáfonos e pagos en comercios.
Algunhas entidades financeiras informaron a clientela do problema e os usuarios amosaban en redes sociais os problemas que estaba a causar a avaría á hora de procesar os pagamentos.
Redsys publicou ás tres da tarde que estaba resolto o problema e as transaccións xa se realizan con normalidade.