O sorteo da Bonoloto deixa en Castro de Rei case un millón de euros
O sorteo da Bonoloto deixa en Castro de Rei case un millón de euros
Con seis acertos da combinación gañadora, foi selado na libraría da vila
De novo, tocou un premio dun millón en terras lucenses. Desta volta, foi en Castro de Rei, onde se selou un boleto que acertou os seis números da combinación gañadora e que resultou agraciado con algo máis de 980.000 euros.
Para a responsable da administración de loterías, situada na única librería da vila, supuxo unha enorme ledicia, posto que se trata da maior contía repartida nos seus preto de 40 anos de historia.
"Levamos moita alegría e xa empezamos a coller o teléfono, a preguntar, a pensar a ver se fora alguén coñecido... E moi ben, moi contentos", asegura Amadita Yebra, loteira.
Polo de agora nada se sabe sobre a identidade da persoa agraciada. En calquera caso, a clientela da librería agarda que se trate de alguén da contorna.
"Moi alegres pero que sexa alguén coñecido. Aquí todos os clientes que temos veñen todas as semanas", di Amadita.
Este é xa o terceiro premio dun millón de euros que toca na provincia de Lugo nos últimos tres meses, tras os repartidos en Bóveda en xullo, tamén da Bonoloto, e en Ribadeo, da ONCE, o mes pasado.