Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sorteo da Bonoloto deixa un millonario en Baños de Molgas

O sorteo da Bonoloto deixa un millonario en Baños de Molgas

O dono do boleto agraciado vai cobrar 1.884.275 euros

G24.gal 20/02/2024 15:26

O sorteo da Bonoloto deste luns deixou un novo millonario na provincia de Ourense. O dono do boleto que acertou a combinación dos seis números do premio de primeira categoría vai cobrar 1.884.275 euros.

O boleto agraciado foi selado no bar Mari Trini, en Baños de Molgas. O dono do establecemento cre que, tendo en conta a época do ano, hai un 90 % de posibilidades de que o novo millonario non ande moi lonxe.

Moncho do Mari Trini leva 31 anos no bar e non é a primeira vez que reparten sorte. Hai 3 anos xa deron outro premio de  91.000 euros da Bonoloto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar