Cargando resultados...
Un boleto premiado con 1,6 millóns no sorteo da Bonoloto validouse en Carballo
Un boleto premiado con 1,6 millóns no sorteo da Bonoloto validouse en Carballo
Foi o único acertante de primeira categoría que adiviñou os seis números da combinación gañadora
G24.gal
14/09/2024 20:04
Última actualización 14/09/2024 20:31
O posuídor dun boleto da Bonoloto validado en Carballo recibirá máis dun millón 600.000 euros. Foi o único acertante de primeira categoría que adiviñou os seis números da combinación gañadora no sorteo celebrado o venres.
A propietaria da administración de lotaría onde se selou o boleto millonario afirmou que, polo de agora, non coñecen a identidade do afortunado ou afortunados.
"Estamos de sorte porque o sábado pasado demos un primeiro premio da Lotaría Nacional. É unha alegría moi grande dous premios en menos dunha semana. Do acertante non se sabe nada, polo momento, nada", asegurou.