Publicador de contidos
Publicador de contidos

O SUP pide que ser policía sexa declarada profesión de risco e equiparación salarial

O SUP pide que ser policía sexa declarada profesión de risco e equiparación salarial

O catálogo laboral aprobado en 2007 precisa adaptarse ás novas formas de delincuencia

G24.gal 08/06/2023 12:28

O Sindicato Unificado de Policía (SUP), maioritario en Galicia, reclama que a súa profesión sexa considerada de risco e unha equiparación salarial. Na inuaguración da asemblea anual que celebran en Santiago o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle ao Goberno central máis axentes para a policía autonómica.

Neste encontro o SUP fixo balance das necesidades dos funcionarios do Corpo Nacional de Policía en Galicia: a equiparación salarial prometida en 2018 aínda está pendente; o catálogo laboral aprobado en 2007 precisa adaptarse ás novas formas de delincuencia; e tampouco teñen a consideración de profesión de risco por seren policías.

"Actualmente, é incomprensible pero a Policía Nacional e a Garda Civil non somos consideramos profesión de risco e non temos a xubilación anticipada que teñen, por exemplo os policías locais. Tamén demandamos o cumprimento íntegro de equiparación salarial", explicou Roberto González, secretario xeral do SUP de Galicia.

O presidente da Xunta chama a colaborar coa policía e desbota promover un corpo autonómico propio en Galicia.

"Fronte a outros modelos policiais aos que Galicia podería optar pola súa condición de nacionalidade histórica e polo seu Estatuto, creo que o intelixente é seguir enorgullecéndose da Policía Nacional como unidade adscrita á Xunta, iso si, coa potencia suficiente", dixo.

Alfonso Rueda reclama o cumprimento do convenio asinado hai décadas polo Ministerio do Interior e a Xunta polo que a policía adscrita a Galicia tería un mínimo de 500 axentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade