O téxtil, a pesca, a industria química e a automoción, entre os sectores galegos máis afectados pola guerra

Inditex foi a segunda empresa de todo o mundo que pechou máis tendas en Rusia
Caeron as exportacións de pesca conxelada, pero sobre todo das conservas, que sufriron unha importante parálise en Ucraína
A guerra impactou de cheo na industria agroalimentarias. Caeron as exportacións de pesca conxelada, pero sobre todo das conservas, que sufriron unha importante parálise en Ucraína, onde Galicia vendía preto de dezaoito mil toneladas ao ano. No tráfico portuario a caída foi máis suave.
O peche de máis de 500 tendas de Inditex en Rusia supuxo un golpe para o téxtil galego. A multinacional, que saíu definitivamente do país cunha importante caída das accións, conseguiu recuperarse.
Despois dun ano de guerra e nun contexto previo marcado polo 'brexit' e a pandemia a situación nas empresas segue a ser complicada.
Con todo o tecido empresarial galego mantén o pulso e as previsións apuntan a un crecemento para este ano e o seguinte.
A crise dos microchips que xa afectaba a automoción agravou a situación na automoción galega que aínda trata de recuperarse.