Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TC suspende a lei de Ayuso que limita a eutanasia aos discapacitados tutelados

O TC suspende a lei de Ayuso que limita a eutanasia aos discapacitados tutelados

O recurso de inconstitucionalidade foi promovido polo Goberno "por realizar unha inxerencia en materia reservada á lei orgánica"

 


 

G24.gal 06/06/2023 13:45

O Pleno do Tribunal Constitucional suspendeu provisionalmente a norma impulsada polo Goberno da presidenta madrileña Isabel Diaz Ayuso que limita o acceso á eutanasia ás persoas con discapacidade tuteladas.

A corte de garantías admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade promovido polo Goberno central contra a disposición adicional segundo da Lei da Comunidade Autónoma de Madrid do 15 de febreiro de creación da Axencia Madrileña para o Apoio ás Persoas Adultas con Discapacidade.

Dado que o Executivo invocou o artigo 161.2 da Constitución que permite a suspensión automática da norma impugnada, o tribunal suspende a aplicación de disposición autonómica e abre un prazo de cinco meses para resolver o fondo da cuestión.

A norma da Comunidad de Madrid engade un novo procedemento de xurisdición voluntaria na solicitude de autorización xudicial para tomar medidas que afecten ao dereito á vida dunha persoa con discapacidade.

En concreto, establece que "cando se pretenda levar a cabo calquera actuación que afecte ao dereito á vida da persoa con discapacidade á que se haxa provisto dun apoio de carácter representativo para o exercicio da capacidade xurídica ou se determine de maneira expresa na resolución que estableceu o apoio, tramitarase un procedemento de xurisdición voluntaria para a solicitude de autorización xudicial".

A ministra voceira, Isabel Rodríguez, explicou que "a norma autonómica realiza unha inxerencia en materia reservada a lei orgánica" e "produce unha quebra do principio de seguridade xurídica" porque "está a afectar a unha lei en vigor, como é a Lei de Eutanasia, limitando os requisitos para acceder aos dereitos que garante esta Lei de Eutanasia".

Ademais, engadiu que a norma invade "o ámbito regulatorio do Estado" en cando á coordinación xeral da Sanidade e tamén "rompe a reserva a Lei Orgánica para este tipo de materias".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade