O tempo cambiante afecta a colleita de uvas na Ribeira Sacra
O tempo cambiante afecta a colleita de uvas na Ribeira Sacra
O crecemento dos acios detívose por causa do frío
Chuvia e vento impiden aplicar tratamentos fitosanitarios
No que vai de xuño fixo moita calor, houbo noites moi frías, períodos de seca, treboadas e orballo. Esa mestura climática en só 22 días xa está a afectar os viñedos da Ribeira Sacra.
O desenvolvemento dos acios paralizouse nos últimos días pola caída das temperaturas e algunhas castes de fungos e insectos atopan neste rebumbio climático as condicións ideais para se reproducir.
O que máis notan nas adegas é o cambio na previsión de tratamentos fitosanitarios. As famosas mans de sulfato teñen que pospoñerse por causa da chuvia e mesmo hai que recorrer a praguicidas que non estaban previstos.
Estes cambios na planificación afectan a xestión económica das adegas porque os tratamentos tampouco escapan á inflación e xa subiron varias veces de prezo.
Malia os cambios no tempo, na Ribeira Sacra agardan un verán normal e que a colleita poida ser como a da media dos últimos anos.