O Tenerife impón o seu poderío diante do Emevé de Lugo
O Tenerife impón o seu poderío diante do Emevé de Lugo
O equipo galego vendeu cara a derrota na Supercopa diante das vixentes campioas de Liga e Copa
O partido resolveuse en catro sets: 25-22, 21-25, 25-22 e 25-12
O Tenerife La Laguna impuxo a lóxica. Esa que coroou o equipo canario como o mellor da temporada pasada na Superliga Feminina de voleibol. Daquela gañara a Liga e a Copa e comeza esta campaña impoñéndose na Supercopa diante do Emevé de Lugo.
O equipo galego vendeu cara a derrota. Os tres primeiros sets foron moi igualados e puideron caer para calquera dos dous equipos. O primeiro foi para as canarias (25-22) e no segundo respostaron as lucenses (21-25). O terceiro marcou o desenlace do encontro. Tenerife tiña unha cómoda vantaxe pero o Emevé remontou e a piques estivo de forzar a morte súpeta. O triunfo do Tenerife (25-22) fixo que os ánimos das galegas decaesen e perderan dun xeito claro o cuarto set (25-12).