O testemuño de turistas españois en Marrakech: "Pensamos que todo se ía derrubar"
O testemuño de turistas españois en Marrakech: "Pensamos que todo se ía derrubar"
O Ministerio de Exteriores non ten constancia de que haxa vítimas españolas
Así describe este turista andaluz o pánico que se viviu no hotel onde estaba hospedado.
“Inmediatamente saímos á rúa para protexérmonos porque pensamos que todo se ía derrubar”.
“Foi moi perigoso porque a xente entrou en pánico. Caeu a mesquita que estaba moi preto de nós”, explica un turista de Alacant.
Foi unha noite de pavor. A esta parella, o terremoto colleunos dentro do seu hotel na medina de Marrakech.
“Abrimos a porta e só escoitamos berros, a xente corría asustada”.
Puideron saír decontado. Como milleiros de persoas, pasaron a noite ao aire libre ante o temor a que unha réplica agravase a situación.
“Estivemos ata as catro da mañá no exterior, todo Marrakech estaba durmindo na rúa”.
Os primeiros voos con turistas españois procedentes de Marrakech aterraron xa no aeroporto de Madrid.