Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Torreón de Andrade, en Pontedeume, conmemora o centenario da súa declaración como BIC

O Torreón de Andrade, en Pontedeume, conmemora o centenario da súa declaración como BIC

Hoxe alberga a oficina de turismo e un centro de interpretación

G24.gal 13/09/2024 21:31 Última actualización 13/09/2024 21:47

O Torreón de Andrade é unha das paradas obrigadas para quen visita Pontedeume. No seu interior conserva a distribución orixinal, do século XIV, pero con novos usos.

Alberga a oficina de turismo e un centro de interpretación. 

"Esta é unha oficina que ten unha actividade intensa diaria todo o ano", apunta Ángela Piñeiro, concelleira de Turismo.

A súa visita permite coñecer a historia da liñaxe dos Andrade. De feito, o Torreón é o único que queda en pé do pazo que a familia tiña na vila. Na súa parte alta goza dun mirador.

"Temos unha terraza desde onde a xente desfruta de toda a contorna paisaxística xa non só da histórica que ten Pontdeume", engade.

En 1924 foi declarado BIC, o que permitiu a súa protección e conservación.

Unha proxección do lema da Casa do Andrade servirá ata finais de mes para conmemorar os seus 100 anos como Ben de Interese Cultural.

"Con esta actuación queremos continuar na liña en que se vén traballando ao longo de todo o ano desde o Concello de Pontedeume que é achegar os conceptos do patrimonio, da importancia da conservación, de que este legado que nós estamos a recibir dos nosos antepasados que os nosos descendentes poidan recibilo". 

Quen se achegue a Pontedeume estes días e visite o Torreón tamén recibirá un obsequio con motivo da conmemoración deste centenario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade