Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tramo da autovía A-54 entre Palas de Rei e Melide abrirá o próximo luns

O tramo da autovía A-54 entre Palas de Rei e Melide abrirá o próximo luns

O ministro de Transportes Óscar Puente visitará o novo tramo da A-54 que quedará aberta ao tráfico pouco despois

O Goberno asegura que tamén será inaugurado o tramo que comunica Melide con Arzúa antes de que finalice o ano

Autovía A-54 Autovía A-54
G24.gal 31/01/2025 11:57 Última actualización 31/01/2025 15:30

O Ministerio de Transportes abrirá o próximo luns 3 de febreiro o tramo de 11,7 quilómetros entre Palas de Rei e Melide da Autovía A-54, que comunica Lugo con Santiago de Compostela, e ao cale do túnel do acceso ferroviario ao Porto Exterior da Coruña.

O ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente visitará ás 09:30 horas o novo tramo da A-54, que quedará aberta ao tráfico pouco despois. Dúas horas máis tarde, ás 11:30, presenciará o cale do túnel 1 de acceso ferroviario ao Porto Exterior da Coruña e a última voadura da escavación, na boca situada no lado de Vío.

O túnel conta con 3,7 quilómetros de lonxitude e constitúe o principal elemento do novo acceso, que ten 5,5 quilómetros no seu eixo principal, actualmente en construción.

A subdelegada do Goberno na Coruña María Rivas mantivo un encontro de traballo co alcalde de Melide Xosé Manuel Pérez para tratar as medidas relacionadas coa inminente apertura do tramo da autovía A-54 entre a localidade coruñesa e Palas de Rei.

Nese encontro tamén participaron o xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia Ángel González del Río e responsables da empresa encargada de executar as obras, Acciona.

María Rivas explicou nunha reunión a recomendación do desvío para os vehículos pesados, de máis de 8 toneladas, pola N-57, e así evitar o paso por a AC-840. Tamén informou da instalación dun sistema de semaforización intelixente na glorieta de Melide para mellorar a fluidez do tráfico.

Só quedará pendente de execución o treito que comunica Melide con Arzúa, xa na provincia da Coruña, de 16,4 quilómetros, que o Goberno de España asegura que tamén será inaugurado antes de que finalice este ano

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade