Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Constitucional admite o recurso do PP e desbota apartar dous maxistrados

O Constitucional admite o recurso do PP e desbota apartar dous maxistrados

O pleno segue deliberando se debe paralizar a votación da reforma do Código Penal no Senado o vindeiro xoves

G24.gal 19/12/2022 19:52 Última actualización 19/12/2022 22:52

Despois de horas de debate, o pleno do Tribunal Constitucional admitiu a trámite o recurso do PP para paralizar a reforma exprés do Código Penal.

Tamén decidiu rexeitar, por seis votos fronte a cinco, as recusacións dos dous maxistrados que pedían PSOE e Unidas Podemos, polo que poderán participar no debate e a votación.

O TC analiza agora a cuestión para decidir se admite ou non a trámite as medidas cautelarísimas que piden os populares e paraliza a reforma antes de que chegue ao Senado.

PP: "É unha boa noticia para a democracia"

O PP salientou este luns que "ve unha boa noticia para a democracia e para a garantía dos dereitos dos representantes dos cidadáns" que o Tribunal Constitucional "non se deixara influenciar por presións do Goberno" e indicou que agarda o pronunciamento co que podería paralizar os cambios no Poder Xudicial e no propio tribunal. 

PSOE: "Isto é un abuso lacerante das institucións democráticas"

A secretaria de Igualdade do PSOE, Andrea Fernández, censurou este luns que o presidente do Tribunal Constitucional, Pedro González-Trevijano e o maxistrado Antonio Narváez votaran para desbotar a súa propia recusación no órgano de garantías e asegurou que esta decisión é un "abuso lacerante das institucións democráticas". 

Podemos: "A ala dereita do TC segue co seu golpe á democracia parlamentaria"

Podemos lamentou a decisión do pleno del Constitucional de desbotar a recusación dos maxistrados afectados pola reforma: "todo indica que a ala dereita do TC ten intención de proseguir co seu golpe á democracia parlamentaria" engadindo que "se finalmente un tribunal constitucionalmente caducado é quen de levar a cabo este pronunciamento estaría cruzando unha liña vermella de gravísimas consecuencias".

Errejón: "A imparcialidade de quen é xuíz e parte. Vergonzoso"

O líder de Más País, Íñigo Errejón, valorou tamén a recente decisión do pleno do TC poñendo o acento en que o rechazo á recusación dos maxistrados saíu cos seus propios votos: "Os dous maxistrados do TC co mandato caducado votan en contra da súa propia recusación. A imparcialidade de quen é xuíz e parte. Vergonzoso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade