Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Tribunal Supremo británico dá vía libre á extradición de Assange

O Tribunal Supremo británico dá vía libre á extradición de Assange

O proceso podería retardarse se a defensa recorre outras partes do proceso

G24.gal 14/03/2022 20:13

O Tribunal Supremo, máxima instancia xudicial do Reino Unido, desestimou este luns un recurso presentado polo fundador de WikiLeaks, Julian Assange, o que dá luz verde á súa extradición aos Estados Unidos.

O proceso podería retardarse, xa que a o caso ten que pasar agora á ministra británica do Interior, Priti Patel, que debe autorizar a entrega e agárdase que a defensa recorra outras partes do proceso.

Assange cumpre prisión preventiva no cárcere de Belmarsh, en Londres. Recorreu un ditame do 10 de decembro do Tribunal Superior que aprobaba a súa extradición aos Estados Unidos. O Supremo rexeitou hoxe a petición de Assange debido a que non formula "ningún punto legal debatible". 

Iso tradúcese en que segue vixente a sentenza do Superior e a deportación podería levarse a cabo se o ratificase a ministra.

Por outro lado, durante o proceso xudicial a defensa do informático dixo en varias ocasións que había aspectos do caso que non foran examinados e que planeaba recorrelos se chegaba o momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade