Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXC dá 15 días á Generalitat para aplicar a sentenza do 25 % de castelán nas aulas

O TSXC dá 15 días á Generalitat para aplicar a sentenza do 25 % de castelán nas aulas

Pide que os alumnos "reciban de xeito efectivo e inmediato" a educación nas dúas linguas oficiais conforme á porcentaxe determinada

Insta a Educación a establecer as garantías de control para a súa execución forzosa

O Govern xa anunciou que presentará un recurso contra o auto do tribunal

G24.gal 09/05/2022 17:05 Última actualización 09/05/2022 19:21

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordenou á Generalitat cumprir de inmediato a sentenza que marca implantar o 25 % de castelán nas materias de todos os centros educativos.

Outorga un prazo máximo de 15 días ao Departamento de Educación para que dite as instrucións oportunas e estableza as garantías de control para a súa execución forzosa.

No auto, a sección 5ª da sala contencioso-administrativo do TSXC subliña este prazo máximo á Generalitat de 15 días para que todos os alumnos "reciban de xeito efectivo e inmediato" a educación mediante a utilización vehicular "normal" das dúas linguas oficiais nas porcentaxes que se determinan, e que "non poden ser inferiores ao 25 % nun e noutro caso.

O tribunal sinala que este sistema incluirá como mínimo a docencia da mesma lingua e a doutra  materia de carácter troncal ou análogo".

Tamén lle pide ao conselleiro de Educación, Josep Gonzàlez-Cambray, que informe o tribunal do "novo prazo de execución sobre as medidas adoptadas e o grao de cumprimento das mesmas".

A Asemblea por unha Escola Bilingüe instou hai unhas semanas á execución forzosa da sentenza do propio tribunal. 

O Govern vai presentar recurso

conseller cualificou de "aberrante" o auto e considera que o TSXC se "extralimita das súas funcións" ao ir máis aló do que dita a propia sentenza, e salienta que os dous votos particulares cos que conta o auto reflicten que a decisión "non ten razón xurídica".

Cambray mesmo cuestionou a lexitimidade da entidade Asamblea por unha Escola Bilingüe, que impulsou os procesos xudiciais contra a inmersión lingüística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade