Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXG confirma os dous anos de prisión para o profesor de Pontevedra que agrediu sexualmente unha menor

O TSXG confirma os dous anos de prisión para o profesor de Pontevedra que agrediu sexualmente unha menor

G24.gal 22/06/2024 19:39

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a condena de dous anos de prisión que impuxera a Audiencia Provincial de Pontevedra a un profesor como autor dun delito continuado de agresión sexual a unha alumna.

A Sala engade ademais unha indemnización á vítima de 15.000 euros, pola "repulsa social" do delito. Ademais da confirmación da condena a dous años de cárcere como autor dun continuado delito de agresión  sexual, o profesor queda inhabilitado para exercer a súa profesión durante dous años e quédalle tamén prohibido achegarse á vítima ou comunicarse con ela por tres anos.

Os maxistrados apoian a súa resolución no que recollen os informes periciais e na carga probatoria das declaracións do entorno da vítima. El era profesor de apoio nunha academia en Pontevedra e a vítima tiña quince anos. Esta mesma sentenza do TSXG absolve o profesor investigado dunha segunda agresión sexual. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade