Publicador de contidos
Publicador de contidos

O turismo rural galego encara a ponte de decembro con boas expectativas

O turismo rural galego encara a ponte de decembro con boas expectativas

O sector estima que o nivel de reservas ascende a tres cuartas partes das prazas

Un establecemento de turismo rural situado en Lugo
Félix Aragunde 05/12/2024 13:49

A natureza, a tranquilidade e o patrimonio cultural son algúns dos principais reclamos do turismo rural. E máis nestas datas, cando os establecementos de todo o país adoitan ocupar boa parte das súas prazas.

A ponte de decembro supón, tradicionalmente, un dos momentos de maior actividade nas casas de turismo rural. E este ano non vai ser menos, cunhas previsións para o sector malia caer en domingo un dos festivos.

Lola Carreira, hostaleira: "Interesa moito, a pesar de que este ano cae en domingo o día 8. Chamounos máis xente que quería reservar a ponte completa e non podiamos".

Cheché Real, presidente de Hostalería e Turismo de Galicia: "Entre un 75 e un 80 por cento. Teremos a resposta o mesmo luns para saber cales son os datos reais e os lugares onde houbo unha maior ocupación".

A da Ribeira Sacra é unha das zonas onde máis se dispara a ocupación nas casas de turismo rural. Durante esta ponte, xa están reservadas máis do 90 por cento das prazas.

Tocante ao perfil dos hóspedes, son principalmente familias, tanto galegas como das comunidades limítrofes, onde o luns tamén é festivo.

Lola Carreira, hostaleira: "Hai moita xente que vén cos pequenos. Interésalles ir a Marcelle, ás formigas de San Clodio...".

Cheché Real, presidente de Hostalería e Turismo de Galicia: "Un turismo familiar, un turismo de parellas e incluso un turismo de grupos de matrimonios que se xuntan para pasar a ponte".

Por outra banda, son datas en que aínda está activo o programa Outono Gastronómico, de Turismo de Galicia, que combina aloxamento, actividades de lecer e gastronomía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade