Publicador de contidos

Publicador de contidos

O UM23, o bólido que representará a Galicia na Formula Student, irá a Silverstone e Montmeló este verán

O UM23, o bólido que representará a Galicia na Formula Student, irá a Silverstone e Montmeló este verán

O monopraza UM23 xa foi presentado en sociedade despois de cinco anos de traballo

G24.gal 04/07/2023 20:30 Última actualización 04/07/2023 20:49

O equipo da Universidade de Vigo Motorsport presentou o UM23, o coche monopraza con que vai participar este verán en varias carreiras da Fórmula Student, unha especia de Fórmula 1 para os universitarios. 

Non importa tanto a velocidade dos coches senón as características técnicas e económicas do deseño e o plan de negocio. Aínda que corran en Silverstone ou Montmeló, a Formula Student é unha competición automobilística que promove a excelencia na enxeñería. 

O monopraza UM23 xa foi presentado en sociedade despois de cinco anos de traballo, cunha pandemia no medio e cun custo de maís de 150.000 euros, con distintos patrocinios e outras axudas. 

"Trátase dun monopraza de combustión, cun motor de gasolina, que foi completamente creado por alumnos da Universidade de Vigo, de diferentes titulacións, evidentemente do ámbito das enxeñerías, industrial, telecomunicacións e aeronáutica. Deséñano, fabrícano e pilótano, tamén", conta a TVG Jacobo Porteiro, catedrático da área de motorres térmicos da Universidade de Vigo e coordinador académico do proxecto. 

O equipo vigo Motor Sport, á semellanza dun equipo de elite dunha escudería de elite, ten 71 estudantes universitarios. Só o 10 % son mulleres. Agora xa soñan coas carreiras de verán, en agosto irán a Montmeló e neste mes a Silverstone. 

"Moitos somos novos enxeñeiros que pretendemos formar parte nun futuro do grupo de enxeñeiros da Fórmula 1. E temos a oportunidade grazas a isto de aprender facendo o coche, e desenvolvéndonos como enxeñeiros de competición. Pero tamén queremos competir e queremos gañar", explica Guillermo Vázquez, o  líder do Vigo Motor Sport da Universidade de Vigo. 

No acto de presentación do UM23 estiveron presentes a conselleira de Economía, o alcalde e o reitor da Universidade de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade