Publicador de contidos
Publicador de contidos

O único español falecido no desembarco de Normandía era de Outes

O único español falecido no desembarco de Normandía era de Outes

Manuel emigrara aos Estados Unidos para escapar das represalias aos republicanos, bando en que participou durante a Guerra Civil

G24.gal 06/06/2024 15:48

Manuel Otero foi o único español que participou no Día D, o día do desembarco de Normandía, e tamén dos primeiros en caer abatido na praia de Omaha.  Este xoves homenaxéano na Serra de Outes, o seu concello natal e onde repousan os seus restos.

Unha placa no cemiterio do Freixo de Sabardes lembra a fazaña de Manuel Otero. El formaba parte da famosa Big Red One.

José María Caamaño tiña 14 anos cando o seu veciño morreu en Normandía:

"Estivo na guerra de España, cando Franco botou a República fóra, e despois quixo ser súdbito americano, pero os americanos levárono para a fronte e no desembarco de Normandía morreu".

No ano 48 o Goberno americano concedeulle a Manuel a medalla ao valor, que entregou á familia xunto cos seus restos nun arcón de zinc que durante anos estivo no faiado da casa familiar e que a sobriña de Manuel rescatou para sacar á luz a historia do seu tío, da que tanto lle falara súa nai.

Gemma Martínez, sobriña de Manuel Otero comenta que "se algo se está movendo disto é na honra da miña nai tamén, porque ela foi quen realmente sentiu moitísimo a falta de seu irmán, quen o botou realmente en falta e quen chorou por el cada día da súa vida".

Manuel emigrara aos Estados Unidos para escapar das represalias aos republicanos, bando en que participou durante a Guerra Civil

 Xoán Mariño, expresidente da Asociación Terra de Outes, conta que Manuel foi  prisioneiro nun campo de concentración e, en canto puido, marchou para os Estados Unidos, onde tiña familia, e alí alistouse para combater os nazis.

Manuel Santiago Arenas, presidente da asociación The Royal Green Jackets lembra a figura de Manuel, esquecida durante 70 anos pero que agora ocupa un lugar na historia: 

 "Ten o privilexio de ser o único español, galego, de Serra de Outes, que faleceu no desembarco de Normandía ese 6 de xuño de 1944".

O cemiterio onde descansa é este xoves o escenario dunha emotiva homenaxe, xusto no Día D, o que supuxo o inicio da fin da II Guerra Mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade