O Uruguai conmemora o Xacobeo con dous selos
O Uruguai conmemora o Xacobeo con dous selos
Tamén fixeron un cuño para recordar a visita oficial do presidente da Xunta que acaba de rematar
O presidente da Xunta aproveitou a súa viaxe a Montevideo para presentar dous selos conmemorativos do Xacobeo. Trátase de dúas estampas que recollen os 9.908 quilómetros de distancia entre Montevideo e Compostela.
Tamén presentou un cuño conmemorativo da visita oficial do presidente da Xunta que remata este 17 de outubro. Na capital do Uruguai existe unha mouteira que indica a dirección a Santiago.
"Alí temos unha mouteira do Camiño de Santiago coas súas principais características: coa súa frecha que marca o seu rumbo, coa distancia, que son máis de 9.000 quilómetros. Pero, malia a todo, esa distancia tan longa fisicamente únenos e sentimos tan preto a Galicia, desde o punto de vista cultural, fundamentalmente", di Rafael Navarrine, director de Correos do Uruguai.