Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Valencia abre expediente a Rafa Mir e anuncia medidas disciplinarias

O Valencia abre expediente a Rafa Mir e anuncia medidas disciplinarias

Mir acudiu a Paterna e reuniuse coa presidenta Layhoon Chan, co director corporativo Javier Solís, e co adestrador, Rubén Baralla

Foto EFE
G24.gal 09/09/2024 15:22 Última actualización 09/09/2024 15:30

O Valencia comunicou este luns que abriu un expediente ao futbolista Rafa Mir despois de que o pasado mércores quedará en liberdade provisoria como presunto autor dun delito de agresión sexual con acceso carnal.

No seu escrito, o Valencia condena todo tipo de violencia e subliña o seu respecto pola presunción de inocencia. Con todo, o club estudou a situación desde o punto de vista do réxime sancionador aplicable ao ámbito do fútbol profesional e decidiu acometer medidas disciplinarias.

Tras prestar declaración ante a xuíza e quedar en liberdade provisoria con medidas cautelares, o Valencia eximiuno o mesmo mércores de acudir aos adestramentos do xoves e do venres e tomou uns días para analizar os feitos coñecidos e a situación do xogador, que foi denunciado por unha muller á que coñeceu nunha discoteca e coa que se foi á súa casa.

Este luns pola mañá, Mir, que xoga no Valencia cedido polo Sevilla ata o final da tempada, acudiu a Paterna e reuniuse coa presidenta Layhoon Chan, co director corporativo, Javier Solís, e co adestrador, Rubén Baraja

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade