Publicador de contidos
Publicador de contidos

O veleiro á valga rescatado en Aguiño tiña o folio borrado e os mandos manipulados

O veleiro á valga rescatado en Aguiño tiña o folio borrado e os mandos manipulados

Vixilancia Aduaneira sospeita que pode estar relacionado co narcotráfico, porque a tripulación tentou afundilo antes de abandonalo

G24.gal 16/06/2024 21:35

O veleiro aparecido esta fin de semana á valga na bocana da ría da Arousa volverá ser inspeccionado polo Servizo de Vixilancia Aduaneira. Todo indica que os seus tripulantes intentaron afundilo antes de abandonalo. Mesmo chegaron a abrir a válvula de fondo.

Todos estes indicios fan pensar que o barco de bandeira alemá puido utilizarse para o transporte de droga. Ademais tiña o folio borrado e os mandos manipulados.

Arestora, a embarcación de dez metros de eslora permanece no porto de Ribeira pero está previsto que nos próximos días sexa trasladada á base marítima que Vixilancia Aduaneira ten en Vilagarcía de Arousa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade