O veleiro escola máis antigo do mundo recala en Vigo ata o mércores
O veleiro escola máis antigo do mundo recala en Vigo ata o mércores
A bordo fan o bacharelato e aprenden a navegar 60 estudantes internacionais
Percorrer o mundo nun veleiro histórico ao tempo que cursas o bacharelato é unha experiencia única, algo común en países nórdicos como Noruega ou Dinamarca.
Ademais do ensino regulado, o alumnado aprende a navegar e a convivir e coñece distintas culturas. É o caso do SORLANDET que permanecerá ata o vindeiro mércores en Vigo.
Fan todos os labores do barco, desde cociñar ata limpar, ao tempo que se forman no mesmo lugar en que dormen: un camarote compartido onde pola noite se abren liteiras e hamacas.
A norueguesa Julie Krostag considera que é unha experiencia emocionante, única. O traballo no barco é mellor con bo tempo, pero tamén chovendo está ben.
A alemana Tia Jolie está abraiada co barco e as clases, que son moitas. Está aproveitando a singradura para reflexionar sobre a carreira que vai escoller. Di que vendo un mar infinito sen horizonte axuda a pensar.