Publicador de contidos
Publicador de contidos

O verán dá as últimas rabexadas con suba de temperaturas

O verán dá as últimas rabexadas con suba de temperaturas

As máximas non superarán os 27 graos, e as mínimas non baixarán dos 14

O mércores baixan de novo as temperaturas, que volverán repuntar a fin de semana

G24.gal 09/09/2024 14:06

O verán está nas últimas, e nestes días soben e baixan as temperaturas e non sabemos se quitar ou poñer a manta. Pois non a deixen moi lonxe. Meteogalicia avisa de que comezamos a semana cun anticiclón que rematará o mércores coa entrada dunha fronte fría.

A imaxe nos areais é máis propia do outono que do verán.  Hai unha temperatura perfecta para pasear e, sobre todo, sen chuvia.

A resistencia de praia está formada maiormente por xente de fóra con fame de areal e de fuxir das altas temperaturas que pasaron nas súas cidades de orixe. A chegada deste novo anticiclón deixará temperaturas mais altas, pero sempre por debaixo dos trinta graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade