Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Viaxes Amarelle achégase á salvación coa vitoria no derbi co Marín (2-1)

O Viaxes Amarelle achégase á salvación coa vitoria no derbi co Marín (2-1)

G24.gal 22/04/2023 22:46

No derbi galego da liga de fútbol sala gañou o Amarelle. Gañou o que o máis o precisaba na loita pola permanencia.

O Amarelle encamiñou o partido contra o Marín moi cedo, aos tres minutos, cun tanto de Elia. A oito minutos do final, Tety fixo o segundo para as coruñesas. Porén, o encontro mantivo a emoción ata a conclusión. Ale de Paz, no xogo de cinco, logrou o 2-1.

O marcador xa non se moveu, e o Amarelle puido festexar un triunfo vital para a permanencia. O Marín menten aínda unha vantaxe cómoda cos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos