Publicador de contidos
Publicador de contidos

O vicepresidente balear, de Podemos, pide que a súa formación se disolva en Sumar

O vicepresidente balear, de Podemos, pide que a súa formación se disolva en Sumar

As listas electorais marcan a negociación dos equipos de Díaz e Belarra

Colau reafirma o seu apoio a Sumar pero descarta presentarse ás xerais

G24.gal 31/05/2023 14:53

En 20 días teñen que ter pechadas as listas electorais, o que complica a celebración de primarias abertas que Podemos fixaba como liña vermella. E obriga a Yolanda Díaz a xestionar a repartición de poder entre as distintas forzas e a equilibrar liderados.

Fontes de Sumar suxiren que a vicepresidenta podería ofrecerlle a Irene Montero encabezar unha lista de Sumar fóra de Madrid. En Podemos evitan valoracións e piden unidade: "Consigamos esa candidatura unitaria, niso estamos traballando e agardamos que nos próximos días poidamos anunciar ese acordo", di Pablo Fernández.

O voceiro nacional recoñece erros que tocará analizar. Tamén dende Podemos Galicia piden calma porque o ciclo electoral non rematou. Pero algúns cargos do partido piden responsabilidades. O vicepresidente balear esixe a dimisión da cúpula morada e a disolución da formación morada en Sumar. 

"A única posibilidade que cabe é que Sumar encabece ese proxecto de esquerda que durante moito tempo encabezou Podemos, e Unidas Podemos ten que disolverse en Sumar", sostén Juan Pedro Yllanes.

O mellor resultado de Podemos foi en Estremadura cun 6 por cento dos votos, o que obrigaría o partido de Belarra a rebaixar esixencias. E deixa en mellor posición para negociar as forzas afíns que resistiron mellor.

A líder de Más Madrid di que axudará con xenerosidade a Díaz. Tamén se adhire Compromís, pero quere negociar unhas listas con liderado propio na Comunidade Valenciana. E Ada Colau reafirma o seu apoio a Sumar, pero dende Barcelona: "Descarto completamente ir nas listas das eleccións ao Congreso dos Deputados".

O movemento Sumar xa conta formalmente co apoio de Esquerda Unida. "Xa estamos preparándonos para ver a Yolanda Díaz como a primeira muller presidenta", di Inmaculada Nieto. E co dos Verdes Equo. Precisamente a deputada desta formación Inés Sabanés anunciaba hoxe que non concorrerá ás xerais e abandona a política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade