Publicador de contidos
Publicador de contidos

O vigués que morreu tras o concerto de Karol G facía unha videochamada cando foi agredido

O vigués que morreu tras o concerto de Karol G facía unha videochamada cando foi agredido

Catro mozas que estaban no plano da videochamada comezaron a increpalo porque pensaban que as estaba gravando sen o seu consentimento

O agresor preguntoulle por que gravaba a súa noiva e propinoulle unha puñada á vítima, que caeu ao chan xa "inconsciente"

A moza da vítima presenciou todo o suceso porque permaneceu conectada durante toda a agresión

Instantánea do último concerto dos catro que karol G ofreceu no Bernabeu e que acabou en traxedia
G24.gal 25/07/2024 13:03

"Atendemos un varón de 42 anos supostamente por unha agresión a consecuencia da cal sofre un traumatismo cranioencefálico severo, e trasladámolo ao hospital da Paz cun prognóstico moi grave, informou dende o lugar do suceso Yolanda Lahoz, xefa de garda do Samur.

Non puideron facer nada para salvarlle a vida a Juan Fernández, un vigués residente en Madrid que saía do concerto de Karol G cuns amigos. Falaba coa moza a través dunha videochamada e amosáballe o ambiente que había. A mala sorte e un malentendido fixo que fose recriminado por unha muller que pensaba que a estaba gravando, a ela e ás súas fillas. Non serviron de nada as desculpas e as explicacións e, no medio da discusión, un home propinoulle dous golpes, tirouno ao chan e deu coa cabeza nunha lastra. A agresión resultou ser mortal.

"É terrible, tremendo e tristísimo, ademais. Como sociedade, en lugar de avanzar, que vaiamos cara atrás", comenta unha muller de Vigo

O fatal suceso que está correndo como a pólvora polas redes e provocou unha fonda conmoción en Vigo. Todos lamentan o momento de crispación que impera na sociedade.

"Non podes reaccionar dese xeito. Creo que estamos afeitos a que a xente vaia co teléfono na man, que as cámaras o vaian gravando, é algo que hoxe en día está máis normalizado, entón creo que deberiamos baixar un poucos os fumes", apunta un rapaz.

"O tema das gravacións é que a xente está xa pasada de rosca, sobre todo a violencia coa que se reacciona", continúa a muller.

Juan Fernández, que ingresou no hospital da Paz con prognóstico moi grave, faleceu unhas horas despois. O suposto agresor, un mallorquino de 33 anos, está no foco da investigación que está a levar o Grupo VI de Homicidios da Policía Nacional.

Investigado por homicidio imprudente

Axentes da Policía Municipal de Madrid, que regulaban o tráfico a poucos metros do sucedido tras o concerto celebrado no Bernabeu, realizaron unha primeira asistencia e detiveron o agresor, que se enfronta agora a un delito de homicidio imprudente.

O Grupo VI de Homicidios da Policía Nacional de Madrid encárgase da investigación. As fontes consultadas por Europa Press confirman que a noiva do falecido xa declarou. Terán que facelo tamén as mozas participantes na discusión e outras testemuñas.

A familia avanza que interpoñerán denuncia e insiste en que, tal e como queda rexistrado na videochamada, non se produce "ningún forcexo nin pelexa" e que a propia vítima descúlpase e trata de aclararlles o que estaba a ocorrer antes de que o agresor interviñese.

Á espera da autopsia, confían nas cámaras de seguridade da zona e nas testemuñas presenciais, ademais da propia declaración da noiva da vítima, capaz de identificar o grupo ao permanecer a videochamada conectada durante a agresión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade