O Vilarreal mide a continuidade do Celta á hora do xantar
O Vilarreal mide a continuidade do Celta á hora do xantar
Volven Brais Méndez e Santi Mina á convocatoria
Volven Santi Mina e Brais Méndez. Veremos en que estado físico regresaron Tapia e Araújo. O Celta e Balaídos recuperan o que dá de comer, a liga.
O último recordo é esta imaxe. A apoteose tras o gol de Aspas ao Barcelona. Mañá ao mediodía, á hora do xantar, o Vilarreal pon a proba a continuidade celeste no xogo e nos resultados. E Balaídos a súa forza e alento.
"O máis importante é manter o nivel futbolístico. É incrible non ter máis puntos", asegurou Eduardo Coudet antes do partido.
Mañá ás 14:00 o @RCCelta recibe en Balaídos ao @VillarrealCF de @UnaiEmery_:
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 19, 2021
🎙️ "Están xogando moi ben, teñen menos puntos dos que merecen, con moita personalidade e xogadores a nivel moi alto"
🎙️"Quedar só co resultado pode ser enganoso. O difícil é impoñer a túa idea de xogo" pic.twitter.com/fw3p9JmSme