Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Vizconde de Eza parte cara a Terra Nova para facer prospeccións pesqueiras

O Vizconde de Eza parte cara a Terra Nova para facer prospeccións pesqueiras

O buque oceanográfico traballará na zona onde afundiu o Villa de Pitanxo

As familias das vítimas pedían que transportase medios para baixar á embarcación

 

G24.gal 05/06/2022 11:52 Última actualización 05/06/2022 12:22

O oceanográfico Vizconde de Eza, dependente da Secretaría Xeral de Pesca, partiu este domingo dende Vigo cara a Terra Nova para facer prospeccións pesqueiras na mesma zona onde se afundiu o Villa de Pitanxo. 

A súa marcha provocou o enfado das familias da tripulación que reclamaban que se aproveitase a viaxe para transportar medios tecnolóxicos que permitan baixar ao barco afundido.

Segundo explicou este sábado o delegado do Goberno, José Miñones, o buque non está adaptado para facer ese cargamento. 

"Poderiamos poñer en perigo a propia tripulación e ninguén quere iso. (...). Respectemos os tempos das investigacións, os técnicos e os xulgados. Serán os responsables da investigación os que nos digan o que temos que facer", apuntou.

O delegado do Goberno pediu "non politizar" máis o caso tras a concentración protagonizada polas familias das vítimas no Náutico de Vigo. A súa voceira, María José do Pazo, cualificou de "inadmisible" o envío do buque nesas condicións e a falla de información.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade