O volcán da Palma reactivouse violentamente durante unhas horas
O volcán da Palma reactivouse violentamente durante unhas horas
O Cumbre Vieja segue expulsando lava, cinza e gases
Arredor da unha da tarde deste domingo, o volcán de Cumbre Vieja sorprendía científicos, veciños e turistas cunha violenta reactivación, con fortes estoupidos e lanzamento de cinzas e gases a grande altura.
O volcán da Palma levaba 36 horas de aparente calma, de baixa actividade, ata o punto de que algúns vían próxima a fin da erupción, en contra das advertencias dos científicos.
O volcán segue expulsando lava
Aínda que o volcán recuperou unha certa normalidade, a presenza de gases tóxicos nalgunhas zonas impide a entrada de afectados na maior parte da zona de exclusión.
Esta erupción xa é a máis longa das rexistradas na illa da Palma, e ten os veciños fartos da situación.
Dificultades no aeroporto da Palma
O aeroporto da illa segue aberto, aínda que o martes cambia a dirección dos ventos, e a nube de cinzas pode dificultar a circulación aérea. A situación en xeral, e a evolución da lava en particular, están sendo monitorizadas pola Unidade Militar de Emerxencias.