Cargando resultados...
O volcán da Palma, 77 días despois da erupción, segue arrasando casas
O volcán da Palma, 77 días despois da erupción, segue arrasando casas
A baixa calidade do aire nalgúns puntos impide o acceso dos veciños
A lava arrasou máis casas de Los Llanos de Aridane
G24.gal
05/12/2021 20:12
Os turistas que chegan á illa para ver o Cumbre Vieja puideron comprobar como a nova coada de lava, que xurdiu este sábado, arrasou varias vivendas dos Llanos de Aridane. A lava xa cubriu 1.115 hectáreas e destruiu máis de 2.700 edificacións.
Acceso ás propiedades
Os niveis altos de gases tóxicos no sur do volcán impediron, un día máis, o acceso á zona dos veciños e agricultores.
Calidade do aire
A sismicidade segue baixando, ata o punto de que este domingo só foron rexistrados oito tremores. O aeroporto da Palma segue aberto.