Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xabaril estraga toda unha leira de millo cando quedaba un mes para apañar as mazarocas

O xabaril estraga toda unha leira de millo cando quedaba un mes para apañar as mazarocas

O propietario dunha leira na parroquia de Bora láiase de que o porco bravo tamén o deixa sen semente para o ano que vén

Unha plantación de millo de máis de 2.000 m2 situada en Leirados, Pontevedra, arrasada polo xabaril
G24.gal 08/09/2022 14:02

A de Alfonso é unha das plantacións de millo de Leirados, na parroquia pontevedresa de Bora, polas que pasou o xabaril. Como se fose un tornado. O seu propietario conta que despois de cinco meses coidándoa e cando só faltaba un para apañar as mazarocas, o porco bravo botou por terra o seu investimento na procura de gran para alimentar as galiñas todo o ano.

"Boto millo alto para que non o ataque o xabaril. Chega a medir catro metros de alto e bota a palla máis gorda, pero nada. Agora tómbao igual. O ano pasado collín sesenta e algo de caixas del e este ano ningunha. Non me queda ningunha espiga", di o propietario da plantación.

Conta Alfonso Rey como o xabaril, teixugo, velutinas e outras especies que atacan plantas e froitas campan ás súas anchas entre toda a vexetación que invade o que anos atrás foron terreos de cultivo.

Alfonso Rey, dono da leira, explica: "Toda a maleza que hai ninguén a limpa porque non se labra a terra debido aos danos dos animais. Protexen varias especies deles e... Quen nos protexe a nós?".

 Alfonso di que ademais de quedar sen produción este ano, os estragos do porco bravo vainos sufrir tamén para a próxima sementeira, porque perde a semente e esta variedade aquí non a encontra. Láiase de que non se realicen batidas a tempo para previr danos como o que el ten diante cando xa empeza o tempo de desconto para a colleita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade