Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xogador de veteranos, evacuado por suposta agresión dun contrario en Boiro

Un xogador de veteranos, evacuado por suposta agresión dun contrario en Boiro

O xogador foi trasladado ao hospital semiinconsciente, pero xa foi dado de alta

Unha imaxe deste luns do campo boirense de Valiño, onde o sábado xogaron os veteranos do Oasis Boiro contra o Carreira
G24.gal 22/01/2024 13:54

O encontro dos veteranos do Oasis de Boiro fronte aos do Carreira foi suspendido preto do final e un xogador do equipo local, trasladado ao hospital en estado semiinconsciente, segundo a axencia Europa Press. Foi a causa da suposta agresión do porteiro do equipo de Ribeira.

Testemuñas de ambas as dúas partes, que rexeitaron manifestarse publicamente, dan explicacións contrapostas do sucedido neste campo de fútbol de Cabo de Cruz o sábado á tarde. Mentres os próximos á vítima din que o porteiro do equipo visitante lle deu varios golpes nunha acción sen balón, os rivais sosteñen que simplemente zarandeou o dianteiro dúas veces e que foi o adestrador do Carreira o agredido por outro xogador boirense.

Ante o incidente, que obrigou a pedir unha ambulancia, o árbitro expulsou o porteiro e suspendeu o partido cando quedaban poucos minutos para o final. O xogador lesionado, xa dado de alta, seguía esta mañá con molestias no pescozo e no tórax, segundo nos contou un compañeiro de equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade