O xuíz do caso Rubiales cita como testemuñas tres compañeiras de Jenni Hermoso
O xuíz do caso Rubiales cita como testemuñas tres compañeiras de Jenni Hermoso
Estas novas citacións únense ás doutros catro responsables da Federación que xa foron chamados polo xuíz
O xuíz da Audiencia Nacional Francisco de Jorge, que investiga os feitos relacionados co bico do expresidente da Real Federación Española de Futbol (RFEF) Luis Rubiales á xogadora da selección Jennifer Hermoso, citou como testemuñas para os días 25, 28 de setembro e 2 de outubro a varios achegados á futbolista para declaren como testemuñas.
Entre eles, tres compañeiras da selección de fútbol, así como dous peritos da defensa que acudirán á Audiencia Nacional para ratificar o informe achegado pola avogada de Rubiales ao xulgado. Algunhas destas declaracións celebraranse por videoconferencia.
Así mesmo, o Xulgado Central de Instrución 1 da Audiencia Nacional xa recibiu a través da Embaixada de Australia, grazas á rápida colaboración das súas autoridades, o certificado do contido de todos os delitos do Código penal daquel país en relación cos feitos investigados e que son aplicables no Estado de Nova Gales do Sur.
Estas novas citacións únense ás doutros catro responsables da Federación que xa foron chamados polo xuíz.
Trátase do director de Márketing, Rubén Rivera; a xefa de prensa da selección feminina, Patricia Pérez; o director de Integridade, Miguel García Caba, e o director da selección masculina, Albert Luque.
Por algúns deles preguntoulle a Fiscalía a Rubiales durante a súa declaración como investigado ante o xuíz. O expresidente da RFEF negou que lle metesen presión á xogadora Jenni Hermoso para que xustificase publicamente o bico na boca que lle deu durante a entrega de trofeos do Mundial en Sydney.