Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz envía a prisión un veciño de Lugo por reter e agredir sexualmente a súa parella

O xuíz envía a prisión un veciño de Lugo por reter e agredir sexualmente a súa parella

O home saltou unha orde de afastamento e mantivo retida a súa parella varios días en contra da súa vontade

As agresións producíronse en presenza da filla de ambos, menor de idade

G24.gal 27/09/2024 10:50

Decretan o ingreso en prisión dun home acusado de reter á súa parella varios días e agredila sexualmente. Os feitos aconteceron nun piso da cidade de Lugo, pero a denuncia púxose en León, onde se trasladou a vivir a parella.

O presunto agresor, condenado en decembro de 2022, por un delito de lesións, saltou a orde de afastamento e retivo a muller varios días en contra a súa vontade ata en dúas ocasións.

Segundo o relato da vítima, durante o secuestro o home violouna en varias ocasións e ameazou con matala. Algúns destes episodios violentos producíronse diante da filla de ambos, menor de idade. A nena foi agredida tamén polo pai causándolle varias lesións.

Malia que o home insiste na súa inocencia, o xuíz decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade